Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O PSOE, BNG e máis UPyD reclaman unha ordenanza reguladora do consumo da auga en Baiona.

O PSOE, BNG e máis UPyD reclaman unha ordenanza reguladora do consumo da auga en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
despilfarro-auga2

O tres partidos da oposición baionesa PSOE, BNG e máis UPyD anunciaron a presentación dun escrito no Concello na mañá deste luns 27 de xuño, no que solicitan ao alcalde Jesús Vázquez Almuíña (PP) que convoque a un pleno extraordinario nos próximos 15 días para o tratamento de dous temas: o reestablecemento dos plenos ordinarios mensuais e a aprobación dunha ordenanza que regule o consumo "responsable" da auga no municipio.

Os grupos opositores responsabilizaron da falla de auga na presa de Baíña ao alcalde Vázquez Almuíña e a Augas de Galicia, por autorizar o baleirado da mesma a finais da primavera por mor das obras de reacondicionamento. Os portavoces dos tres partidos salientaron que a responsabilidade de Medio Ambiente e Augas de Galicia é da mesma magnitude ca que cabe á administración municipal, por ter aprobada e levado a diante a obra. Polo tanto esixen que a Xunta corra cos gastos da conexión pactada co Concello de Vigo (presa de Zamáns) , a que ten un custe estimado de entre 5 a 6 mil euros diarios. Os grupos da oposición salientan a gravidade de estes custes que o municipio deberá asumir polo menos ata o mes de agosto. Cartos que de non vir da administración autonómica deberá saír das arcas municipais trastornando os fondos dedicados a outros sectores como saúde, educación, etc.

En canto á ordenanza, a oposición entende que hai que mirar cara adiante e o concello debe contar cun sistema regulamentado de control dos consumos da auga onde se priorice o aproveitamento da augas residuais o grises, as pluviais, subterráneas, etc. A iniciativa conta con medidas tales como a prohibición de baleirar as piscinas entre maio e outubro, e incentivar a reutilización en regadíos e outros menesteres das mesmas.

O alcalde terá 15 días a partir de hoxe para citar ao pleno extraordinario, de non facelo o pleno queda convocado de feito dez días despois.