Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Están a exposición pública os acordos sobre control do consumo da auga e orzamento 2011 de Baiona.

Están a exposición pública os acordos sobre control do consumo da auga e orzamento 2011 de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

A partir deste xoves 11 e por 15 días hábiles estará a exposición pública e co obxectos de que podan presentarse reclamacións e suxestións polos interesados, o orzamento xeral do Concello de Baiona para o ano 2011, xunto cos seus anexos e documentacións. Co mesmo fin e prazo estará exposta ao público o expediente de modificación nº 3/11 do orzamento xeral do Concello de Baiona para 2010, prorrogado para 2011 mediante crédito extraordinario por importe de 36.000 euros e un suplemento de crédito de 134.800 euros.

A información publicada no Boletín Oficial de Pontevedra, pon tamén en coñecemento que por 30 días hábiles estará a exposición pública a ordenanza municipal do "uso eficiente da auga". Os tres acordos contan xa coa aprobación da Corporación Municipal de Baiona, no pleno celebrado o pasado 4 de agosto.