Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona reinaugura o seu dique de abrigo como novo espazo de ocio

Baiona reinaugura o seu dique de abrigo como novo espazo de ocio

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde de Baiona, acompañado do presidente de Portos de Galicia e do ex-concellal de medioambiente na anterior lexislatura, Manuel Vilar.

O presidente de Portos de Galicia, Manuel Alvarez Campá acompañado do alcalde e demais membros do equipo de goberno fixeron unha visita á Doca, para comprobar o seu estado actual unha vez finalizadas as obras de remodelación.

Ao acto asistiron tamén, o presidente da Cofraría e veciños usuarios habituais deste espazo moi concorrido por mariñeiros retirados, pescadores e un amplo colectivo de persoas que pasean e practican deporte nesta contorna privilexiada.

Todos os presentes coincidiron en valorar positivamente a recuperación do lugar e a urbanización desta área que tanto significado ten para xeracións de baioneses.

O presidente de Portos sinalou que os traballos realizados na Doca son un claro exemplo de aproveitamento de infraestruturas "unha obra de enxeñaría, proxectada para servir de abrigo ao porto converteuse nun lugar de uso e gozar para a cidadanía".

Ademais do aspecto social que supón para os baioneses poder utilizar a Doca, Alvarez Campá destacou outro aspecto relacionado coa economía da Real Vila. "Dado o potencial turístico de Baiona, esta obra vén complementar a oferta xa existente, achegando unha nova perspectiva xeral tanto da fachada marítima como da contorna paisaxística por tanto, é un valor engadido con repercusión na economía do lugar".

O alcalde de Baiona destacou en primeiro lugar a sensibilidade de Portos e especialmente do Presidente cos proxectos que se presenta desde Baiona.

Outro dos aspectos destacados por Vázquez Almuiña foi, ademais da estética o carácter funcional da obra "converteu un dique que na maioría dos portos é un lugar inaccesible para as persoas nun paseo do que poden gozar persoas de calquera idade xa que a accesibilidade é total".

O rexedor baionés engadiu que un momento onde non se poden acometer grandes obras de infraestruturas por falta de orzamento "temos que desenvolver e executar actuacións que con pouco investimento achegar grandes beneficios e dean servizo á cidadanía".