Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona presenta un plan de obras de saneamento, pavimentación e melloras de camiños por 62.600€

Baiona presenta un plan de obras de saneamento, pavimentación e melloras de camiños por 62.600€

Correo-e Imprimir PDF
O investimento de 62.600 euros será co financiado nun 70% con fondos da Dep. de Pontevedra.

A Concellería de Vías e Obras de Baiona presentou un plan onde se acometerán traballos de ampliación na rede de saneamento municipal, así como melloras e pavimentación de camiños en distintos puntos do municipio. Este primeiro plan dirixido polo concelleiro Ángel Manuel Rodal, terá un investimento de 62.600 euros, dos cales un 70% os aportará a Deputación de Pontevedra e o resto as arcas municipais.

As obras de ampliación de saneamento ou conexións ao mesmo terán lugar en Portelos, parroquia de Baredo, e tamén en Lameiriño, Granxa e Sobreiro en Belesar. O devandito plan inclúe melloras nos camiños Rocamar, Louzan de Casal, do Xuncal e de Bouzós, ademais da Rúa do Burgo. O concello afirma que esta obra principal será complementada cunha secundaría na que se realizarán traballos de saneamento en Loureiro e Estivada e pavimentación dos camiños dos Cabreiros, dos Escarabellados e Casteliño.