Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A xustiza desestima as acusacións de prevaricación contra o alcalde de Baiona e a Xunta de Goberno.

Correo-e Imprimir PDF

xunta-goberno-baiona-2010A xustiza desestimou os recursos contenciosos - administrativos presentados polo mercantil "Herederos de Concepción Taboada del Río SL" contra o alcalde Jésus Vázquez Almuíña e os membros da Xunta de Goberno do Concello de Baiona por denegar unha licenza de construción para un edificio de 6 andares no número 8 da Rúa Ramón y Cajal. Almuiña confía que tras esta sentencia a audiencia arquive a denuncia por prevaricación interpuesta pola citada empresa contra os membros da comisión de goberno de Baiona.

O malgasto de auga en Baiona e a baixada ao 40% do embalse de Baíña chegan ao Parlamento Galego.

Correo-e Imprimir PDF
Malgaste de auga hoxe na mañá na rotonda de acceso a Baiona.

A petición do alcalde Jesús Vázquez Almuíña de facer un uso responsable da auga ante a baixada das reservas do embalse de Baíña parecen que non foron escoitadas na propia administración municipal. As cámaras de Valminor.info e veciños detectaron o malgasto deste ben cualificado de "necesario e escaso" polo rexedor, nas rúas de Baiona. O rego con auga potable das rotondas de Julian Valverde, Porta do Sol, a nova rotonda de acceso á autoestrada en Sabarís, a de Santa Marta e mesmo o propio parque da Palma, non está resultando de agrado para numerosos veciños que se queixan do malgasto de auga por parte do concello, nun momento de incertidume no abastecemento.

De feito o derradeiro boletín hidrolóxico publicado por Augas de Galicia reporta que o encoro do embalse de Baíña se sitúa no 40,17% da súa capacidade, o porcentaxe menor da bacía Galicia- Costa. Ante esta problemática o deputado Henrique Viéitez (BNG) presentou ao Parlamento de Galicia unha proposición non de Lei na que insta ao goberno autonómico a tomar medias para garantir o subministro de auga potable á poboación baionesa.

Baiona obtén a distinción "Senderos azules 2011".

Correo-e Imprimir PDF
sendero-baionaBaiona obtivo o recoñecemento "Senderos azules 2011"  da Asociación de Educación Ambiental do Consumidor (ADEAC), organismo encargado de outorgar as bandeiras azuis. Neste caso distínguese aos máis de 6 quilómetros de senda que discorren desde praia Concheira á Foz do Miñor, pasando por Monte Boi e continuando polas praias dos Frades, Barbeira, Ribeira, Santa Marta e Ladeira, ademais das instalacións do Club de Yates e outros portos deportivos. Como valores engadidos figura a súa conexión co carreiro fluvial de Baiña e o observatorio de aves da Foz do Miñor, no que ademais da contemplación de flora e fauna, os alumnos de colexios e asociacións que así o solicitan poden participar no aula de natureza e do material didáctico editado polo concello para tal fin.

O Concello de Baiona incorpora un elevador que facilita os traballos de enterramentos no cemiterio.

Correo-e Imprimir PDF

almuia-no-cemiterioO Cemiterio municipal de Baiona incorporou un novo servizo que facilita os enterramentos. Trátase dun elevador hidráulico que permite cunha manobra moi simple colocar os féretros directamente nos nichos.

Atópanse dous cetáceos mortos nas augas de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

Golfio-Baiona-CEMMA3Este venres 27 de maio a primeiras horas da mañá foi rexistrado un golfiño común varado morto nas rochas fronte á praza da Palma, en Baiona. Logo, ás 13 horas a lonxa de Baiona informou da entrega dunha cría de toniña por parte dunha embarcación con base no concello. O exemplar apareceulle enmallado accidentalmente nos aparellos. A unidade móbil da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) recolleu o animal para o seu estudio científico. No caso do golfiño tratábase dun macho de 179 cm de lonxitude. Segundo o informe dos expertos mariño o exemplar tiña unhas 24 horas morto, mais "o corpo estaba moi erosionado por mor do contacto coas rochas".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL