Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Atópanse dous cetáceos mortos nas augas de Baiona.

Atópanse dous cetáceos mortos nas augas de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
Golfio-Baiona-CEMMA3

Este venres 27 de maio a primeiras horas da mañá foi rexistrado un golfiño común varado morto nas rochas fronte á praza da Palma, en Baiona. Logo, ás 13 horas a lonxa de Baiona informou da entrega dunha cría de toniña por parte dunha embarcación con base no concello. O exemplar apareceulle enmallado accidentalmente nos aparellos. A unidade móbil da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) recolleu o animal para o seu estudio científico. No caso do golfiño tratábase dun macho de 179 cm de lonxitude. Segundo o informe dos expertos mariño o exemplar tiña unhas 24 horas morto, mais "o corpo estaba moi erosionado por mor do contacto coas rochas".

Unha vez alertados da aparición do golfiño, os técnicos da CEMMA desprazáronse ata o lugar para a recollida de datos e mostras biolóxicas notificando a presenza posteriormente ao concello para a súa retirada. Logo da recollida de mostras biolóxicas para os estudos de idade, xenética e toxicoloxía, procedeuse a un exame minucioso co fin de pescudar as causas da morte. As conclusións indican que a morte produciuse " por captura accidental en arte fixo de rede de enmallar, da que mantiña marcas corporais" indica a CEMMA.

Os investigadores mariños salientaron a colaboración dos mariñeiros na entrega dos exemplares capturados "pois sobre eles poden realizarse investigación de maior importancia que sobre os exemplares varados, xa que nestes casos a descomposición dos corpos afecta negativamente a conservación dos órganos".