Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona obtén a distinción "Senderos azules 2011".

Baiona obtén a distinción "Senderos azules 2011".

Correo-e Imprimir PDF
sendero-baiona
Baiona obtivo o recoñecemento "Senderos azules 2011"  da Asociación de Educación Ambiental do Consumidor (ADEAC), organismo encargado de outorgar as bandeiras azuis. Neste caso distínguese aos máis de 6 quilómetros de senda que discorren desde praia Concheira á Foz do Miñor, pasando por Monte Boi e continuando polas praias dos Frades, Barbeira, Ribeira, Santa Marta e Ladeira, ademais das instalacións do Club de Yates e outros portos deportivos. Como valores engadidos figura a súa conexión co carreiro fluvial de Baiña e o observatorio de aves da Foz do Miñor, no que ademais da contemplación de flora e fauna, os alumnos de colexios e asociacións que así o solicitan poden participar no aula de natureza e do material didáctico editado polo concello para tal fin.
Segundo informa o concello baionés, para a concesión do recoñecemento"Senderos azules 2011"  a Asociación de Educación Ambiental do Consumidor (ADEAC), organismo encargado de outorgar as bandeiras azuis, tivo en conta numerosos factores, entre eles: "a Flora e Fauna existente ao longo e ancho do percorrido, tamén o esmero mostrado polo concello á hora de coidar as especies autóctonas e eliminar especies invasoras. Os servizos que os cidadáns poden gozar ao longo do percorrido talles como colectores ou papeleiras, auga potable, botiquín, establecementos de hostalería, miradoiros ou áreas de descanso accesibles persoas con dificultades de mobilidade, son outros dos méritos tidos en conta."