Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona incorpora un elevador que facilita os traballos de enterramentos no cemiterio.

O Concello de Baiona incorpora un elevador que facilita os traballos de enterramentos no cemiterio.

Correo-e Imprimir PDF
almuia-no-cemiterio

O Cemiterio municipal de Baiona incorporou un novo servizo que facilita os enterramentos. Trátase dun elevador hidráulico que permite cunha manobra moi simple colocar os féretros directamente nos nichos.

Este dispositivo que permite o acceso a diversas alturas dun xeito seguro, será de gran axuda para o persoal do cemiterio, aseguran dende o Concello, xa que ata agora tiñan que realizar a mesma operación de forma manual servíndose de escaleiras.

Segundo a administración municipal, o investimento efectuado polo concello de Baiona para mellorar este servizo rolda os 18.000 euros.