Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Jesús Vázquez Almuíña será reelexido alcalde de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
Vitoria aplastante do PP en BaionalJesús Vázquez Almuíña será reelexido alcalde de Baiona. O PP obtivo a maioría absoluta, nun resultado aplastante onde obtivo o 52,44% dos votos emitidos. UPyD ingresa á corporación muncipal e o PSOE perde dos concelleiros en relación ás municipais de 2007. Resultados oficiais do Ministeiro del Interior para o Concello de Baiona:

A Xunta aproba o Plan Especial de Protección do conxunto histórico artístico do Concello de Baiona

Correo-e Imprimir PDF

casco_vello_baionaA Xunta de Galicia aprobou onte o Plan especial de protección do conxunto histórico artístico do Concello de Baiona. O importe achegado polo departamento que dirixe o conselleiro Agustín Hernández ao municipio elevouse a 90.000 euros. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo trasladou onte ao concello o documento de aprobación, certificando que o proxecto ten un expediente administrativo completo e con todos os informes favorables.

Baiona prepara a "Semana Azul 2011" onde 144 nenos intervirán en diferentes deportes náuticos.

Correo-e Imprimir PDF

deportes-nauticosDende o 24 de maio ao 2 de xuño, desenvólvese na praia da Ribeira a Campaña Escolar de Fomento dos Deportes Náuticos "Semana Azul 2011" para os alumnos de secundaria os días previstos son 24, 25,26 e 27 de Maio, e para os alumnos de primaria os días previstos son 31 de maio, 1 e 2 de xuño tendo para ambas as campañas a sede organizativa nas instalacións do MRCY de Baiona, que organiza un ano máis a Concellaría de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona. Nesta nova campaña do 2011, participarán todos os colexios do Municipio: Covaterreña, Sabaris, Fontes, Belesar, 1º Marzo e o I.S.M. de Panxón en calidade de invitado, participando un total de cento corenta e catro alumnos repartidos entre primaría (84 prazas) e secundaría (60 prazas).

O PSOE Baiona reclama á Xunta gratuidade no custe do chip de identificación para o cabalo ceibe.

Correo-e Imprimir PDF
Burras do monte na Serra da Groba (Fotografía Xilberte Manso)

A alcaldable socialista por Baiona Isabel Domínguez manifestou o seu compromiso coa busca dunha solución a prol de obter de parte da Xunta de Galicia, unha exoneración total ao pago dos microchips identificatorios do cabalo ceibe galego. Dominguez afirmou manterse en contacto cos membros da asociación de propietarios de cabalos da Groba, aos efectos de xestionar dende o seu partido as necesidades que xurdan no senso de asegurar o mantemento desta tradición. Agregou que non se pode descoñecer a importancia que o cabalo ten na limpeza do monte, así como o valor turístico e cultural das rapas e curros.

Emilio Pérez Touriño estará presente esta tarde na presentación do programa electoral do PSOE Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
isabel_dominguez_publicoO ex presidente da Xunta de Galicia, o socialista Emilio Pérez Touriño acompañará esta noite á candidata do PSOE Baiona, Isabel Domínguez Quintas na presentación do seu programa de goberno. O acto terá lugar este venres 6 de maio ás 20:30 no Auditorio V Centenario de Baiona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL