Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O pasado de Baiona a través de 70 fotografías de Aurelio Rei Alar, na web do Concello.

Correo-e Imprimir PDF

almuia-y-seorasSetenta fotografías da Baiona da primeira metade do século XX pasarán a formar parte dos contidos da paxina WEB do concello de Baiona. Este testemuño da evolución social e urbanística da Real Vila poderá ser contemplada por quen o desexen a partir de agora nese medio. As fotografías en branco e negro forman parte do arquivo municipal e foron dixitalizadas co fin de facilitar a súa visión ao gran público a través da informática. As instantáneas, en soporte papel, tamén formarán parte dunha mostra que brevemente se exporá na Casa Carbajal.

Isabel Domínguez presenta o programa socialista ás mulleres de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

isabel_dominguezIsabel Domínguez, candidata do PSOE á alcaldía de Baiona presentará hoxe, mércores 27 de abril  ás 20:30 horas no Restaurante Naveira  o seu programa da cara ás eleccións municipais de maio. O acto está dirixido especialmente ás mulleres  e na carta de invitación non se esqueza as particularidades deste día  "Cando eles están a decidir quen é o rei de Europa mirando o fútbol, as mulleres de Baiona temos unha boa ocasión para demostrar que somos as raíñas de Baiona".

Jesús Vázquez Almuíña presenta a súa lista de cara ás eleccións municipais de maio.

Correo-e Imprimir PDF

jesus_vazquez_almuiaO próximo sábado 23 ás 20:30 o PP de Baiona presentará a súa lista de cara ás eleccións de maio no Parador Nacional Conde de Gondomar. A oferta electoral dos populares aposta pola reelección de Jesús Vázquez Almuíña como alcalde. Tamén reitera nos primeiros 6 postos da lista aos actuais concelleiros de goberno Ángel Manuel Rodal Almuíña (portavoz do grupo, Turismo), María Iglesias Fernández (Cultura, Xuventude, Consumo), Ana Simóns Sanchez (Urbanismo, Planeamento e Vivenda), José Rodríguez Trigo (Medio Rural) e mais María Jesús Martíns Pasos (Deportes – Actividades marítimas). A lista dos populares conta co apoio da extinta Coalición Miñorana de Manuel Ramón Vilar, feito público durante o anuncio do afastamento da política municipal do actual 1º Tenente de alcalde.

A Xunta de Galicia asegura que o tratamento das augas en Baiona é conforme á normativa da UE.

Correo-e Imprimir PDF

nova_depuradora_baionaA Xunta de Galicia anunciou que xa puxo en marcha todos os mecanismos para resolver a situación da depuración das augas residuais nas cinco localidades nas que ten esta responsabilidade afectadas pola sentenza da Unión Europea (UE). Así, a día de hoxe as localidades de Baiona, Noia, Viveiro e Cariño son conformes á directiva europea, posto que xa teñen en funcionamento as súas respectivas estacións depuradoras de augas residuais (EDAR), asegurou a autoridade autonómica. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE) declarou a España culpable do incumprimento da normativa comunitaria de depuración de augas residuais en 38 aglomeracións urbanas, nunha sentenza feita pública o pasado 14 de abril. Entre as poboacións afectadas atopábase o Concello de Baiona, no Val Miñor.

O Concello de Baiona recolle un rexistro con máis de 90 fontes e lavadoiros distribuídos polo municipio.

Correo-e Imprimir PDF
Ata o 1º de maio estará aberta a mostra no Casa do Concello.

As concellarías de Turismo e de Medio Rural de Baiona presentan os resultados dun rexistro de 93 elementos de interese arquitectónico - etnográfico do concello, elaborado xunto cos veciños das parroquias. Un total de 66 fontes e 27 lavadoiros distribuídos por tódolo termo municipal serán puestos en valor pola administración como parte do programa "Hai outra Baiona", que dende hai catro anos está a desenvolver o concellería de Angel Rodal. Para isto z deseñáronse uns paneis coa imaxe topográfica de cada parroquia, a situación in situ de cada elemento, xunto á súa correspondente fotografía, que na actualidade están expostos no vestíbulo do Concello de Baiona, ata o día 1 de maio.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL