Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Jesús Vázquez Almuíña presenta a súa lista de cara ás eleccións municipais de maio.

Jesús Vázquez Almuíña presenta a súa lista de cara ás eleccións municipais de maio.

Correo-e Imprimir PDF
jesus_vazquez_almuia

O próximo sábado 23 ás 20:30 o PP de Baiona presentará a súa lista de cara ás eleccións de maio no Parador Nacional Conde de Gondomar. A oferta electoral dos populares aposta pola reelección de Jesús Vázquez Almuíña como alcalde. Tamén reitera nos primeiros 6 postos da lista aos actuais concelleiros de goberno Ángel Manuel Rodal Almuíña (portavoz do grupo, Turismo), María Iglesias Fernández (Cultura, Xuventude, Consumo), Ana Simóns Sanchez (Urbanismo, Planeamento e Vivenda), José Rodríguez Trigo (Medio Rural) e mais María Jesús Martíns Pasos (Deportes – Actividades marítimas). A lista dos populares conta co apoio da extinta Coalición Miñorana de Manuel Ramón Vilar, feito público durante o anuncio do afastamento da política municipal do actual 1º Tenente de alcalde.

A que non repiten nesta elección é a concelleira Ana Marcote Guillén (Educación, Comercio e Pesca, Persoal). Tampouco atópase nos primeiros postos da lista a actual concelleira María de los Ángeles Silva González (Servizos Sociais, Traballo e Igualdade), que ocupa o cuarto lugar na lista de suplentes. De cumprirse o prognóstico favorable a obter a maioría absoluta, (enquisa provincial PSOE, xuño 2010), con 9 concelleiros, agregaríanse ao equipo de goberno Policarpo Vilar Misa, María Jesús Garbín Domínguez, e Raúl Costas Lafuente.