Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O pasado de Baiona a través de 70 fotografías de Aurelio Rei Alar, na web do Concello.

O pasado de Baiona a través de 70 fotografías de Aurelio Rei Alar, na web do Concello.

Correo-e Imprimir PDF
almuia-y-seoras

Setenta fotografías da Baiona da primeira metade do século XX pasarán a formar parte dos contidos da paxina WEB do concello de Baiona. Este testemuño da evolución social e urbanística da Real Vila poderá ser contemplada por quen o desexen a partir de agora nese medio. As fotografías en branco e negro forman parte do arquivo municipal e foron dixitalizadas co fin de facilitar a súa visión ao gran público a través da informática. As instantáneas, en soporte papel, tamén formarán parte dunha mostra que brevemente se exporá na Casa Carbajal.

Como paso previo a ambas as presentacións e á súa exhibición pública o alcalde Jesús Vázaquez Almuíña de Baiona asinou esta mañá un convenio de cesión coa familia de Aurelio Rei Alar, autor material das fotografías.

Cruz e Isabel Rei Alar, fillas de Aurelio, ostentan os dereitos da propiedade intelectual por herdanza do seu pai e ceden de forma gratuíta ao concello de Baiona, representado polo alcalde, Jesús Vázquez Almuiña os dereitos de explotación da obra fotográfica.

Aurelio Rei Alar naceu en Baiona o 11 de maio de 1904. A súa infancia transcorreu en Santa Cristina de Sabarís. Aos 22 anos instálase como fotógrafo nun local da rúa Elduayen, concretamente no número 6. Máis tarde, entre os anos 49 e 51 sería alcalde de Baiona.

Tamén foi propietario da Ferraxería Alar, que moitos veciños aínda recordan con nostalxia, na Rúa Alférez Barreiro. Faleceu na súa retratada e querida Baiona en 1993, non sen antes deixar un importante legado gráfico a todos os baioneses.