Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Quince baioneses con algún tipo de discapacidade reciben cursos de inserción laboral.

Correo-e Imprimir PDF

concello_baionaQuince baioneses con algún tipo de discapacidade participan dun cursos de inserción laboral impartido por persoal da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (C OGAMI). A iniciativa do Concello de Baiona a través da Concellería de Benestar Social está subvencionada pola propia administración cun fondo procedente do premio Carmen Ferro concedido en decembro pasado pola Deputación de Pontevedra a instancias deste proxecto que concursou con outros de tódala provincia.

Os concelleiros do PSOE Baiona van por libre e afastados da candidata Mª Isabel Domínguez.

Correo-e Imprimir PDF

Pleno Concello de BaionaO grupo de concelleiros do PSOE Baiona non responde á executiva local do partido nin mantén relación algunha coa candidata a alcaldesa María Isabel Domínguez Quintas asegurou a Valminor.info o portavoz Rafael Lores. Nunha situación que pode considerarse de ruptura, Lores admitiu que as condicións para un entendemento electoral coa candidata son case imposibles. Consultado sobre unha posible candidatura fóra do PSOE, Lores respondeu que “non descarta nada”.

Obradoiro de Emancipación Xuvenil en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

emancip_naranjaA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa OMIX do Concello de Baiona, organizan para o vindeiro xoves día 9 de decembro un Obradoiro de Emancipación Xuvenil. Este obradoiro terá lugar no casa do concello, a partir das 19 horas, e está destinado preferentemente a menores de 35 anos, , animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de xuventude, asociacións xuvenís e en xeral todos aqueles colectivos interesados na xuventude, na vivenda e no emprego.

“Repoboar”, Internet no rural.

Correo-e Imprimir PDF

patacas_2010_023O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, en calidade de Deputado provincial, presentou aos veciños de Baiona onte no salón de plenos do concello de Baiona, o proxecto denominado "Repoboar" (Rede Pontevedra Banda Larga Rural). O rexedor dixo que o obxectivo é que antes de finalizar o ano, o 96% da poboación pertencente a 55 concellos da provincia teña acceso a este servizo.

A campaña ONUSIDA Luz para os Dereitos, chega a Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
sidaHoxe ás 19 horas o Parador de Baiona acenderá as súas luces e despregará unha pancarta alusiva ao Día Mundial do SIDA. No marco da campaña ONUSIDA Luz para os Dereitos, Manuel Antonio Varela Rey, director de Innovación e Xestión da Sáude Pública, lerá un manifesto que advirte sobre o problema do VIH/Sida e os dereitos dos afectados.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL