Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Quince baioneses con algún tipo de discapacidade reciben cursos de inserción laboral.

Quince baioneses con algún tipo de discapacidade reciben cursos de inserción laboral.

Correo-e Imprimir PDF
concello_baiona

Quince baioneses con algún tipo de discapacidade participan dun cursos de inserción laboral impartido por persoal da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (C OGAMI). A iniciativa do Concello de Baiona a través da Concellería de Benestar Social está subvencionada pola propia administración cun fondo procedente do premio Carmen Ferro concedido en decembro pasado pola Deputación de Pontevedra a instancias deste proxecto que concursou con outros de tódala provincia.

Os cursos comezaron esta semana e van ata o próximo mes de marzo. Inclúen clases de formación que permitirá a estas persoas acceder ao mundo laboral como controladores de aparcadoiros, recepcionistas ou porteiros entre outros.

As clases impártense no Centro Antena de Sabarís no horario de 9:30 a 13:30 hora. O proxecto formativo alcanza as 200 horas lectivas. Os participantes recibirán clases de informática entre outras disciplinas.