Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona “Repoboar”, Internet no rural.

“Repoboar”, Internet no rural.

Correo-e Imprimir PDF
patacas_2010_023

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, en calidade de Deputado provincial, presentou aos veciños de Baiona onte no salón de plenos do concello de Baiona, o proxecto denominado "Repoboar" (Rede Pontevedra Banda Larga Rural). O rexedor dixo que o obxectivo é que antes de finalizar o ano, o 96% da poboación pertencente a 55 concellos da provincia teña acceso a este servizo.

 

 

Repoblar, Rede Pontevedra Banda Larga Rural, é a rede sen fíos que a Deputación de Pontevedra está a despregar dende o 1 de xullo na provincia, a través do proxecto Wimax Rural Pontevedra, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER dentro do eixo 5 "Desenvolvemento local e urbano sostible" do P.O. FEDER 2007-2013. O proxecto, adxudicado a Iberbanda-Telefónica en 5.876.400 euros, abarca 55 concellos da provincia, é dicir, todos os municipios menos sete. Estes sete non adheridos son os de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, A Estrada, Marín, Redondela e Cangas.

 

Segundo o proxecto, poden contratarse dúas modalidades de acceso a Internet de banda larga: 1Mb por 17€ ó mes (20,06€ con IVE), e 2Mb por 34€ ó mes (40,12€ con IVE), e tamén existe a posibilidade de contratar servizo de telefonía cunha das dúas opcións anteriores por 6€ máis ó mes (7,08€ con IVE).

O teléfono de balde para información e o 1632.