Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Obradoiro de Emancipación Xuvenil en Baiona

Obradoiro de Emancipación Xuvenil en Baiona

Correo-e Imprimir PDF
emancip_naranja

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa OMIX do Concello de Baiona, organizan para o vindeiro xoves día 9 de decembro un Obradoiro de Emancipación Xuvenil. Este obradoiro terá lugar no casa do concello, a partir das 19 horas, e está destinado preferentemente a menores de 35 anos, , animadores xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, concelleiros de xuventude, asociacións xuvenís e en xeral todos aqueles colectivos interesados na xuventude, na vivenda e no emprego.

Neste obradoiro dunhas tres horas de duración, trataranse as axudas que ofrece a Administración relativas a compra de vivenda, arrendamento, cooperativas de vivenda, emprego, emprego autónomo, axudas para a creación de empresas, etc, sendo esta actividade eminentemente práctica.

Por máis información e inscricións dirixirse á OMIX de Baiona, a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono 986385925. A cada participante entregaráselle un diploma de asistencia.