Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O Foro Iberoamericano 2011 analiza: "Obama e América Latina: continuidade ou cambio?"

Correo-e Imprimir PDF
Novas relacións entre os Estados Unidos e América Latina.

No marco da XIIª Edición do Foro Iberoamericano 2011 que anualmente se celebra en Baiona, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), organizará o próximo venres 25 de febreiro de 2011, ás 20:00 horas no Hotel Bahía Baiona (Carreteira de Santa Marta, 13), a conferencia “Obama e América Latina: ¿continuidade ou cambio?."

Isabel Domínguez presenta o seu equipo para as eleccións municipais 2011 polo PSOE – Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
Isabel Domínguez presentou a lista de candidatos de cara as municipais 2001 do PSOE - Baiona.

Isabel Domínguez Quintas presentou aos 20 membros da lista de cara as eleccións municipais de maio. Secundada polo actual secretario xeral dos socialistas baioneses, Arturo Pereira Pequeño, nos 18 lugares restantes non figura ningún dos actuais membros do grupo municipal de concelleiros liderados por Rafael Lores. Con este equipo Domínguez afrontará unha dura campaña na que segundo unha enquisa de xuño de 2010 encargada polo PSOE deberá remontar unha desvantaxe de entre 2 o 3 concelleiros co respecto ao PP.

A confraría de Baiona firma convenios coa Xunta para combater o furtivismo e mellorar a produción.

Correo-e Imprimir PDF
A delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, rubricou dous convenios coa Confraría de Baiona

A delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, rubricou dous convenios coa Confraría de Baiona, que percibirá máis de 62.000 euros. Un dos convenios ten por obxecto mellorar as condicións para a produción e a loita contra o furtivismo, co fin de acadar a máxima rendibilidade dos recursos mariños de xeito compatible coa súa conservación. O outro centrarase na mellora da capacidade produtiva dos bancos marisqueiros.

Festa da Arribada 2011: Aberto prazo para solicitar postos. Prohibida a cervexa e os libros.

Correo-e Imprimir PDF
Ata o 16 de febreiro están abertas as inscricións para postos da Arribada.

Xa están dispoñibles as bases para solicitar postos no tradicional Real Mercado da Festa da Arribada. Os formularios están dispoñibles no Rexistro Central do Concello de Baiona e tamén na páxina web ( www.baiona.org) do municipio. As solicitudes poden presentarse ata o 16 de febreiro inclusive. A adxudicación dos postos será o 19 de febreiro ás 11 horas no Salón de Plenos do Concello. A festa realizarase os días 5 e 6 de marzo.

Baiona comprométese coa Rede de Dinamización Lingüística coa desaprobación do BNG.

Correo-e Imprimir PDF
A Rede de Dinamización Lingüística chega a Baiona (Imaxe de arquivo)

Cos votos afirmativos de tódolos partidos menos o BNG, o Pleno de Baiona decidiu integrar á corporación na Rede de Dinamización Lingüística impulsada pola Xunta de Galicia. A iniciativa permitirá ao concello "puntuar mellor" nas convocatorias para subvencións dirixidas ao fomento da lingua. Para os nacionalistas, a Rede é "unha cortina de fume dun goberno que non defende o galego onde o ten que facer".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL