Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Festa da Arribada 2011: Aberto prazo para solicitar postos. Prohibida a cervexa e os libros.

Festa da Arribada 2011: Aberto prazo para solicitar postos. Prohibida a cervexa e os libros.

Correo-e Imprimir PDF
Ata o 16 de febreiro están abertas as inscricións para postos da Arribada.

Xa están dispoñibles as bases para solicitar postos no tradicional Real Mercado da Festa da Arribada. Os formularios están dispoñibles no Rexistro Central do Concello de Baiona e tamén na páxina web ( www.baiona.org) do municipio. As solicitudes poden presentarse ata o 16 de febreiro inclusive. A adxudicación dos postos será o 19 de febreiro ás 11 horas no Salón de Plenos do Concello. A festa realizarase os días 5 e 6 de marzo.

Segundo a situación dos interesados os postos de venda poderán ser gremiais, para establecementos do Casco Vello ou os postos xerais do Concello. En tódolos casos as persoas ou institucións que desexen participar do sorteo de adxudicación deberán depositar a taxa de ocupación e mais o aval de fianza prescrito nas devanditas bases.

Prohibida a venda de libros, a Coca Cola, a cervexa e as patatiñas.

O regulamento do Mercado prohibe para este ano por á venda produtos que sufrisen “proceso comercial no contido, envase ou presentación, ou que supostamente non existisen daquela”, como informa o artigo terceiro do capítulo “DAS MERCADURIAS”. No devandito artigo se cita textualmente como exemplo de mercadorías prohibidas nos postos da festa: “cervexa, coca-cola, kas, patatiñas, salchichas, salchichas con paisaxes ou motivos actuais, electrodomésticos, obxectos de plástico, libros, folletos, xornais, xoguetes modernos, camisetas serigrafiadas, discos, cassettes , etc.”