Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os integrantes do Obradoiro de Emprego de Baiona participarán activamente na Festa da Arribada.

Os integrantes do Obradoiro de Emprego de Baiona participarán activamente na Festa da Arribada.

Correo-e Imprimir PDF
cartel_arribada2011

Os alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego, na especialidade de Promoción Turística e Información ao Visitante, participarán de forma activa na organización da Festa da Arribada. Durante a celebración reforzarán os puntos de información, instalados no museo flotante da Carabela, na Casa Carbajal e no punto de atención ao visitante instalado na Praza do Concello.

A participación na organización da Cabalgata de Reis foi o punto de partida e o primeiro exercicio práctico realizado polas cinco rapazas e os tres rapaces deste obradoiro. Segundo manifesta o director do obradoiro, Pedro Firvida, a experiencia foi moi positiva para estes oito mozos que demostraron capacidade e grande interese por ampliar a información teórica recibida ata ese momento.

O responsable do obradoiro, fai especial fincapé na necesidade de que os participantes adquiran, ademais de coñecementos teóricos, habilidades que lles permitan relacionarse e expresarse con fluidez, así como responder ás cuestións que poidan formularlles os visitantes. Unha vez que finalicen a súa formación pasarán a formar parte das primeiras promocións galegas de alumnos e alumnas traballadoras cualificadas neste sector tan presente en Baiona.

Os alumnos tamén están realizando un inventario do patrimonio e dos recursos turísticos do municipio de Baiona. Para iso o método utilizado na busca de información é moi variada: consulta de bibliografía, arquivos municipais, Plan Especial de protección do Casco histórico, oficina de turismo, web municipal e web Turgalicia entre outras. Paralelamente realízanse traballos de recompilación de datos, saídas de campo para ver "in situ" todos os recursos, monumentos, espazos naturais, etc... todo iso co fin de elaborar unha base fotográfica que complemente ou traballo realizado na aula.

Ata o momento xiraron visitas ao Casco Histórico de Baiona, Parador e Fortaleza de Monterreal, Lonxa de pescadores, fachada marítima de Baiona ata Santa Marta, Parroquia de Baredo con senda fluvial do Río Fraga e a zona de Cabo Silleiro.

En breve comezasen a elaborar diversos itinerarios para dar a coñecer o municipio. Nel os alumnos mostrarán a diversos colectivos do municipio eses recursos, promovendo e difundindo o patrimonio municipal entre colexios e asociacións veciñais das diferentes parroquias.