Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Máis de 200 postos no mercado medieval da Arribada 2011.

Máis de 200 postos no mercado medieval da Arribada 2011.

Correo-e Imprimir PDF
postos_arribada

Máis de 200 postos hostaleiros, artesáns e gremiais agardarán a chegada dos visitantes na próxima Festa da Arribada a celebrarse en Baiona, nos próximos días 5 y 6 de marzo. A tradicional festa medieval conmemora a arribada da Carabela La Pinta o 1º de marzo de 1493 as costas de Baiona coa boa nova do encontro dunha nova ruta "as Indias".

 

Na presente edición determináronse tres categorías de postos: os gremiais, na que se enmarcan todos aqueles colectivos, institucións, asociacións, empresas e particulares que participan no Real Mercado con mostras e oficios artesanais. Neste capítulo concedéronse 20 licenzas.

 

Noutro dos apartados aglutináronse todos os establecementos de hostalaría e restauración situados de forma permanente no casco histórico. A práctica totalidade de bares, tabernas e adegas solicitaron licenza para proceder á instalación de anexos dos seus propios negocios na vía pública. Nas normas tamén figura que terán que estar atendidos polos propietarios e explotados en beneficio propio.

 

Dende o ano pasado, co obxectivo de velar pola saúde e seguridade dos consumidores, só permitirase a instalación de postos de comida na rúa aos establecementos autorizados. Polas mesmas razóns o persoal encargado de servir os alimentos deberá estar en posesión do carné de manipulador de alimentos.

 

Na terceira categoría enmárcanse os postos que sendo propiedade do concello se asignan mediante sorteo público entre os solicitantes, sen que poidan ser realugados a terceiros. Neste caso cursáronse un total de 91 autorizacións, tantas como solicitudes.

 

Todas estas medidas estas medidas teñen como fin evitar aglomeracións que poidan supoñer algún tipo de risco para os veciños e visitantes. Tamén para facilitar o tránsito de persoas dentro do casco histórico.