Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

O pleno de Baiona acordou solicitar un parque de bombeiros para o Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
O persoal do GRUMIR presentouse no pleno de Baiona.

O grupo municipal do BNG non puido obter o apoio do resto da corporación municipal de Baiona para incluír a necesaria "profesionalidade e carácter público" de calquera das posibles solucións que se adopten en relación ao servizo de prevención e extinción de incendios. O pleno acordou finalmente solicitar a Mancomunidade do Val Miñor que esta solicite ás administración autonómica e provincial a realización dos trámites necesarios para dotar á bisbarra dun parque de Bombeiros, pero sen especificar as características do mesmo. A intención dos nacionalistas era que Baiona, actualmente na presidencia da mancomunidade, acordara con Nigrán e Gondomar unha posición común que no posible dera continuidade ao equipo de traballadores do Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR) Val Miñor, considerado uns dos máis preparados de Galicia.

O futuro do GRUMIR debaterase esta semana no pleno de Baiona e no Parlamento Galego.

Correo-e Imprimir PDF
O Val Miñor está desprotexido ante a ausencia do servizo do GRUMIR.

O pleno municipal de Baiona debaterá o próximo xoves unha moción de acordo na que se solicita á Xunta de Galicia e a Deputación Provincial unha axuda económica para "garantir a prestación do servizo de emerxencias mentres non se dote ao Val Miñor dun parque de bombeiros". O documento da proposta ao que tivo acceso Valminor.info, reclama tamén ás mesmas administracións "a realización, de forma urxente, dos trámites necesarios para dotar ó Val Miñor dun parque de Bombeiros en aras de garantir a presentación do servizo de prevención e extinción de incendios." A proposta chega consensuada polos catro grupos municipais con representación no pleno a iniciativa do concelleiro Xosé Enrique Fernández do BNG.

Os integrantes do Obradoiro de Emprego de Baiona participarán activamente na Festa da Arribada.

Correo-e Imprimir PDF

cartel_arribada2011Os alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego, na especialidade de Promoción Turística e Información ao Visitante, participarán de forma activa na organización da Festa da Arribada. Durante a celebración reforzarán os puntos de información, instalados no museo flotante da Carabela, na Casa Carbajal e no punto de atención ao visitante instalado na Praza do Concello.

A Policía Local e dez establecementos de Baiona recibiron un recoñecemento á calidade turística.

Correo-e Imprimir PDF

recoecemento_turismo_2011Once establecementos e servizos de Baiona, recibiron o día 22 de febreiro, os diplomas e distintivos ao Compromiso de Calidade Turística Sicted. Foron entregados polo Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e polo Concelleiro de Turismo, Angel Rodal. Nesta ocasión os recoñecementos recaeron no Parador Nacional de Turismo Conde de Gondomar, Hotel Bahía Bayona, Hotel Pazo de Mendoza, Hotel Tres Carabelas, Hotel Anunciada, Casa Rural San Lourenzo, Cafetaría Cerchas, Celtióptica C.B., Estación de Servizo Monte Real, o taxista Juan José Fontenla Alfaya e a Policía Local de Baiona.

Este proxecto de mellora dos destinos está promovido pola Secretaría Xeral de Turismo e a

Máis de 200 postos no mercado medieval da Arribada 2011.

Correo-e Imprimir PDF

postos_arribadaMáis de 200 postos hostaleiros, artesáns e gremiais agardarán a chegada dos visitantes na próxima Festa da Arribada a celebrarse en Baiona, nos próximos días 5 y 6 de marzo. A tradicional festa medieval conmemora a arribada da Carabela La Pinta o 1º de marzo de 1493 as costas de Baiona coa boa nova do encontro dunha nova ruta "as Indias".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL