Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Policía Local e dez establecementos de Baiona recibiron un recoñecemento á calidade turística.

A Policía Local e dez establecementos de Baiona recibiron un recoñecemento á calidade turística.

Correo-e Imprimir PDF
recoecemento_turismo_2011

Once establecementos e servizos de Baiona, recibiron o día 22 de febreiro, os diplomas e distintivos ao Compromiso de Calidade Turística Sicted. Foron entregados polo Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e polo Concelleiro de Turismo, Angel Rodal. Nesta ocasión os recoñecementos recaeron no Parador Nacional de Turismo Conde de Gondomar, Hotel Bahía Bayona, Hotel Pazo de Mendoza, Hotel Tres Carabelas, Hotel Anunciada, Casa Rural San Lourenzo, Cafetaría Cerchas, Celtióptica C.B., Estación de Servizo Monte Real, o taxista Juan José Fontenla Alfaya e a Policía Local de Baiona.

Este proxecto de mellora dos destinos está promovido pola Secretaría Xeral de Turismo e a

Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e traballa con empresas e servizos de ata 29 oficios diferentes, que inflúe na experiencia e satisfacción do turista que visita o destino.

Este modelo require que as empresas e servizos turísticos adheridos se comprometan coa calidade turística no seu destino. Ofrece un plan formativo de 16 módulos, agrupados en 4 ciclos, visitas de asistencia técnica por parte de asesores Sicted, talleres de dúbidas e solucións onde se xeran debates, grupos de traballo que desenvolven propostas para a mellora do destino e avaliacións que contrastan a adecuación da empresa ou servizo aos estándares de calidade e que culminan coa obtención do distintivo.