Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

A candidata socialista Isabel Domínguez denuncia:" La campaña de Almuíña la pagamos todos!"

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da andaina inter parroquial organizada pola Concellería de Turismo de Baiona.

Veciños das parroquias de Baiona participaron dunha ruta polo concello organizada o pasado  sábado 9 de abril  pola Concellería de Turismo a cargo do concelleiro Ángel Rodal (PP). Segundo o Concello o roteiro de corte "medioambiental" estivo "orientada a que los baioneses conozcan el patrimonio natural de la Villa". Pola súa banda, a candidata socialista Isabel Domínguez denunciaba dende o seu perfil na rede social Facebook que " El alcalde está organizando una excursión para el sábado día 9. Invita a todos (o a los que él quiere) a hacer un recorrido turístico de dos horas, en autobús, por el municipio visitando las obras que, durante el mandato de Touriño, se realizaron desde la Xunta."

Lista de candidato polo BNG-Baiona ás eleccións municipais 2011.

Correo-e Imprimir PDF
Xosé Manuel Beiras abrirá o acto de presentación das candiidaturas do BNG Baiona

O BNG de Baiona presentou  a lista de cara ás eleccións de maio de 2011 nun acto no Auditorio Municipal V Centenario o sábado 9. Na apertura  fixo uso da palabra o histórico líder nacionalista Xosé Manuel Beiras Torrado para logo facelo o concelleiro Xosé Enrique Fernández candidato a alcalde do Bloque de Baiona.

O BNG Baiona presenta oficialmente a candidatura de Xosé Enrique Fernández arroupado por Beiras.

Correo-e Imprimir PDF
Xosé Enrique Fernández portavoz do BNG Baiona, candidato a alcalde 2011 O Bloque Nacionalista Galego presentará oficialmente a Xosé Enrique Fernández como candidato a alcalde de Baiona baixo o lema "Coa túa forza hai futuro" . O acto público terá lugar mañá sábado 9 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal V Centenario. Na parte oratoria intervirán Xosé Manuel Beiras Torrado en calidade de presidente da Fundación Galiza Sempre e pechará o candidato Xosé Enrique Fernández.

Isabel Domínguez propón unha xestión orzamentaria participativa de obras nas parroquias de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
Isabel Domínguez Quintas, candidata a alcaldesa polo PSOE - Baiona.

De gañar os socialistas en maio, cada concelleiro de goberno en Baiona terá ademais das responsabilidades da súa concellaría o encargo de atender unha parroquia do municipio. Nese senso a principal tarefa será a de coordinar cos veciños de cada barrio un presuposto de obras en base a unha partida orzamentaria que será destinada a tal fin. A idea nace da constatación de que cada vez son mais as persoas que viven fóra do casco urbano de Baiona e sen embargo a administración do popular Jesús Vázquez Almuíña "as deixou no abandono nestes últimos sete anos como si fosen o seu patio trasero" afirmou Isabel Domínguez Quintas, a candidata a alcaldesa polos socialistas.

Isabel Domínguez Quintas estará ao fronte dos candidatos socialistas de Baiona no Parador Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Isabel Domínguez Quintas, candidata socialista a Alcalde no Concello de Baiona.

O PSdeG-PSOE presenta as candidaturas para as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio que se celebrará no Parador Conde de Gondomar de Baiona o sábado 2 de abril ás 19 horas. O acto contará cos discursos de Pablo García, Secretario de Organización do PSdeG-PSOE e militante de Unións Agrarias; María José Caride, Deputada socialista no Parlamento Galego e ex Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; do Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Baiona e candidato número dous, Arturo Pereira Pequeño que arrouparán á candidata á alcaldía de Baiona, Isabel Domínguez Quintas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL