Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Isabel Domínguez propón unha xestión orzamentaria participativa de obras nas parroquias de Baiona.

Isabel Domínguez propón unha xestión orzamentaria participativa de obras nas parroquias de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
Isabel Domínguez Quintas, candidata a alcaldesa polo PSOE - Baiona.

De gañar os socialistas en maio, cada concelleiro de goberno en Baiona terá ademais das responsabilidades da súa concellaría o encargo de atender unha parroquia do municipio. Nese senso a principal tarefa será a de coordinar cos veciños de cada barrio un presuposto de obras en base a unha partida orzamentaria que será destinada a tal fin. A idea nace da constatación de que cada vez son mais as persoas que viven fóra do casco urbano de Baiona e sen embargo a administración do popular Jesús Vázquez Almuíña "as deixou no abandono nestes últimos sete anos como si fosen o seu patio trasero" afirmou Isabel Domínguez Quintas, a candidata a alcaldesa polos socialistas.

A mostra dese desinterese polas parroquias atópase na que a única obra que pódese amosar nestes últimos meses é a instalación de parques infantís nas localidades de Pontes, A Granxa e Sabarís, afirmou Domínguez. Obras que "ten as cintas colocadas á espera de que as corte o alcalde". Iso xunto a algúns asfaltados polos camiños das parroquias é todo o que o goberno tería desenvolvido fóra da Vila Real, entende a candidata.

Isabel Domínguez é consciente das limitacións que hoxe ten os concellos en materia financeira, pero dentro deses parámetros, buscará destinar unha partida dedicada a xestión participativa dos veciños de cada parroquia que xunto co concelleiros responsable decidirán que obras son necesarias. A candidata socialista recordou que nos oito primeiros postos da lista do PSOE-Baiona, atópanse representantes de tódalas parroquias do concello.