Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Isabel Domínguez Quintas estará ao fronte dos candidatos socialistas de Baiona no Parador Gondomar.

Isabel Domínguez Quintas estará ao fronte dos candidatos socialistas de Baiona no Parador Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Isabel Domínguez Quintas, candidata socialista a Alcalde no Concello de Baiona.
Os candidatos socialistas Juan González de Nigrán e Francisco Ferreira de Gondomar arroupan a candidata de Baiona Isabel Domínguez.
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O PSdeG-PSOE presenta as candidaturas para as vindeiras eleccións municipais do 22 de maio que se celebrará no Parador Conde de Gondomar de Baiona o sábado 2 de abril ás 19 horas. O acto contará cos discursos de Pablo García, Secretario de Organización do PSdeG-PSOE e militante de Unións Agrarias; María José Caride, Deputada socialista no Parlamento Galego e ex Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes; do Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Baiona e candidato número dous, Arturo Pereira Pequeño que arrouparán á candidata á alcaldía de Baiona, Isabel Domínguez Quintas.

Por primeira vez o PSdeG-PSOE de Baiona presenta como candidata a unha muller, Isabel Domínguez. Á que fora concelleira en Baiona e Delegada da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes na provincia de Pontevedra, afronta agora esta responsabilidade de acceder á alcaldía de Baiona," apoiada por unha lista renovada, e de xuventude, que representa a todas as parroquias e ramos profesionais de Baiona" afirman dende dende o PSOE.

Co reto de "gobernar para todos os baioneses, acercando o concello ás parroquias e con ilusión, sen marcar obxectivos inalcanzables, deixando atrás esta situación de desgoberno como a que sofre a nosa vila" María Domínguez fará a súa primeira presentación en público na pre campaña.