Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A candidata socialista Isabel Domínguez denuncia:" La campaña de Almuíña la pagamos todos!"

A candidata socialista Isabel Domínguez denuncia:" La campaña de Almuíña la pagamos todos!"

Correo-e Imprimir PDF
Imaxe da andaina inter parroquial organizada pola Concellería de Turismo de Baiona.

Veciños das parroquias de Baiona participaron dunha ruta polo concello organizada o pasado  sábado 9 de abril  pola Concellería de Turismo a cargo do concelleiro Ángel Rodal (PP). Segundo o Concello o roteiro de corte "medioambiental" estivo "orientada a que los baioneses conozcan el patrimonio natural de la Villa". Pola súa banda, a candidata socialista Isabel Domínguez denunciaba dende o seu perfil na rede social Facebook que " El alcalde está organizando una excursión para el sábado día 9. Invita a todos (o a los que él quiere) a hacer un recorrido turístico de dos horas, en autobús, por el municipio visitando las obras que, durante el mandato de Touriño, se realizaron desde la Xunta."

O comunicado oficial da Concellería de Turismo indica que os participantes "visitaron el interior del Faro Silleiro, realizaron la Senda Fluvial de los molinos de Baredo y se acercaron hasta la Senda del Río Baíña.  O escrito agrega que "La jornada terminó en el auditorio de la futura Casa – Museo de Navegación, en la Casa Carbajal, donde se les entregó a los representantes de cada parroquia un cuadro con el inventario de las fuentes y lavaderos, trabajo llevado a cabo conjuntamente por las concejalías de Turismo y Medio Rural."

O mércores 6 de abril, Isabel Domínguez colgou un texto de denuncia baixo o título "La campaña de Almuíña la pagamos todos!". Consultada na oportunidade, a candidata do PSOE Baiona sinalou que veciños de varias parroquias alertaran sobre un cartel colocado en varias asociacións veciñais, asinado pola Concellería de Turismo onde se indicaba que os veciños tiñan que chamar telefónicamente para anotarse nun percorrido "onde se ían mostrar as obras da administración Almuíña". Isabel Domínguez que xunto ao concelleiros Xosé Enrique Fernández (BNG) viñan de causar a suspensión dun acto do alcalde Jesús Vázquez Almuíña coa mocidade  a través dunha denuncia ante a Xunta Electoral a principios de mes, esta vez optou por anunciar que "Con el dinero de todos los baioneses, se paga la campaña electoral del PP. Pero esta vez no vamos a impugnar el acto, no, invitamos a todos los ciudadanos de Baiona a que llamen al teléfono 986687067 y se apunten al recorrido del 9 de abril a las 17:00 horas, eso sí, si el alcalde pretende hacer campaña, allí estaremos nosotros para aclarar a los vecinos a realidad de Baiona y la falta de gestión de este sr."

Para a Concellería de Turismo de Baiona, este percorrido é parte das actuacións levadas diante baixo o lema "Hay otra Baiona", que a devandita administración leva desenvolvendo dende hai catro anos. O obxectivo desta campaña segundo comunica o Concello é para que Baiona, "además de ser un referente en turismo de congresos, cultural, gastronómico, náutico -deportivo y de sol y playa, lo empiece a ser también en turismo natural por su gran potencial medioambiental con los paseos fluviales, estación rupestre, o miradores."