Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona recibe o Premio Provincial a Concellos de "Encontros 2010".

Correo-e Imprimir PDF

Premio ao concello de BaionaA Deputación de Pontevedra distinguiu o Concello de Baiona co Premio Provincial a Concellos do Programa Encontros 2010 para o fomento do comercio. O galardón que inclúe un premio de 5000 euros, é un recoñecemento ao traballo das administracións locais e a súa contribución na mellora dos centros urbanos para que resulten máis atractivos, dinámicos, competitivos e sostibles.

Comezan as obras de remodelación da rúa Carabela La Pinta.

Correo-e Imprimir PDF

carabelapintaMañá martes comezan as obras de reurbanización e recuperación do espazo público da Rúa Carabela La Pinta por parte da empresa Xestión Ambiental de Contratas S.L. Presupostado en 699.783,44 euros o proxecto foi redactado polo arquitecto Javier Fernández Vázquez. As obras abranguen a mellora ou substitución dos servizos xerais (abastecemento de auga, saneamento e pluviais, iluminación pública, canalizacións para futuras necesidades da rede eléctrica) así como o acondicionamento e renovación do espazo público creando espazos urbanos de esparexemento, circulación, uso e desfrute das persoas. A actuación tamén considera a posta en valor de elementos preexistentes, a Alameda, a Fonte Lavadoiro, e Convento das Monxas Dominicanas.

Presentación en sociedade do Parque Saudable de A Palma

Correo-e Imprimir PDF

deporte-baionaMañá venres ás 17 horas será presentado a distintos colectivos veciñais os equipos de ximnasia instalados en A Palma. Este é o primeiro doutros que a Concellaría de Deportes ten previsto situar en distintas parroquias e lugares do municipio.

Entrega de cheques a formacións musicais

Correo-e Imprimir PDF

entrega_a_bandas_011O Deputado responsable de actividades culturais na Deputación de Pontevedra Juan José Durán, fixo entrega de senllos talóns bancarios por importes que van dende os 2000 aos 4500 euros ás bandas de música de Belesar, Vincios e A Guardia.

Os nenos de Baiona reciclan

Correo-e Imprimir PDF

recicla_013O Concello de Baiona leva adiante unha campaña para inculcar aos nenos os métodos de reciclado do lixo. Para iso conta cun punto limpo móbil da empresa Urbaser que percorre os centros de encino para acometer a tarefa. Os alumnos do colexio público Covaterreña foron os primeiros en recibir a campaña “Baiona separa para reciclar”. Impulsada polo concello baionés, esta iniciativa educativa busca concienciar ao conxunto da sociedade a través dos nenos sobre a necesidade de clasificar os residuos caseiros para o seu posterior aproveitamento.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL