Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Comezan as obras de remodelación da rúa Carabela La Pinta.

Comezan as obras de remodelación da rúa Carabela La Pinta.

Correo-e Imprimir PDF
carabelapinta

Mañá martes comezan as obras de reurbanización e recuperación do espazo público da Rúa Carabela La Pinta por parte da empresa Xestión Ambiental de Contratas S.L. Presupostado en 699.783,44 euros o proxecto foi redactado polo arquitecto Javier Fernández Vázquez. As obras abranguen a mellora ou substitución dos servizos xerais (abastecemento de auga, saneamento e pluviais, iluminación pública, canalizacións para futuras necesidades da rede eléctrica) así como o acondicionamento e renovación do espazo público creando espazos urbanos de esparexemento, circulación, uso e desfrute das persoas. A actuación tamén considera a posta en valor de elementos preexistentes, a Alameda, a Fonte Lavadoiro, e Convento das Monxas Dominicanas.

Advertencias do Concello de Baiona.

Por este motivo dende o concello pídese a veciños e habituais da zona que eviten o estacionamento xa que, aínda que a rúa permanecerá aberta ao tráfico, se limitará a circulación a un só carril.

Do mesmo modo se solicita aos usuarios a máxima precaución e que permanezan atentos á sinalización e aos posibles cambios que a Policía Local poida efectuar.

Seis meses en obras.

O prazo previsto para realizar as obras é de seis meses a partir de hoxe. Unha vez finalizadas o concello asegura que haberá un antes e un despois para esta rúa que posúe un marcado carácter comercial e ademais serve de nexo de unión entre o casco histórico e a parte nova.