Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Coa inauguración da Rúa Carabela La Pinta a Xunta leva invertidos 4.7 millóns en Baiona.

Coa inauguración da Rúa Carabela La Pinta a Xunta leva invertidos 4.7 millóns en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Jesús Vázquez e o conselleiro Javier Guerra inauguran as reformas da Rúa Carabela La Pinta en Baiona.

O alcalde Jesús Vázquez Almuíña acompañado polo conselleiro de Económía e Industria Javier Guerra inauguraron hoxe as reformas da Rúa Carabela La Pinta de Baiona. Guerra lembrou que a Consellería ten investido preto de 4,7 millóns de euros na dinamización empresarial e comercial do concello, así como na mellora dos seus servizos e mais na creación de emprego, a través do plan Ágora - Agora re-Comercia da Xunta de Galicia.

Guerra lembrou que en Baiona, o 97,37% das empresas son microempresas e máis do 50% trátase de autónomos. Ademais, informou que a actividade comercial ten un peso no 30% no sector servizos. Estas cifras evidencian, segundo o conselleiro, "que apoiar o comercio de proximidade é apoiar a creación de emprego e, sobre todo, a xeración de autoemprego."

Con estas accións, salientou Guerra, e, sobre todo coa Lei do Comercio Interior de Galicia e o Plan Ágora, a Xunta o que quere é fomentar e protexer ao pequeno e mediano comercio fronte as grandes superficies. Opinou que "o comercio de proximidade é clave para o crecemento económico e social dos concellos, neste caso do de Baiona".

A recuperación da Rúa Carabela la Pinta

A recuperación da rúa Carabela la Pinta, sitúase marco do Centro Comercial Aberto Baiona Real. A humanización desta rúa "foi, sen dúbida, necesaria", argumentou Javier Guerra, "xa que tras a súa degradación paulatina desde os anos 70 non houbo unha recuperación total da mesma. Neste sentido, a Conselleria traballou por recuperar o patrimonio histórico-paisaxístico. Diversas foron as accións levadas a cabo neste sentido: recuperación da Alameda e a fonte-labadoiro, a mellora do tráfico rodado e unha mellora substancial dos espazos de circulación peonís, melloras no sistema de contenerización dos vertidos sólidos e tamén melloras da rede eléctrica de instalacións urbanas de alumeado público, saneamento, abastecemento de auga, rego, gas e telecomunicacións."

En opinión da Consellería de Economía esta rúa "sempre tivo un marcado carácter comercial con distintas actividades comerciais e mercantís (café, restaurantes), comercio ao por menor (farmacia, téxtiles, etc), oficinas bancarias, destacando a presenza do Mercado Municipal de Abastos. Polo que foron un total de 36 establecementos mercantís os beneficiados da recuperación da devandita rúa."