Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona inaugura oficialmente a nova Rúa Carabela La Pinta este martes ás 13 horas.

O Concello de Baiona inaugura oficialmente a nova Rúa Carabela La Pinta este martes ás 13 horas.

Correo-e Imprimir PDF
Infografía das obras da rúa Carabela Pinta

Finalmente, e dous meses despois da súa data oficial de remate, as obras na Rúa Carabela Pinta serán inauguradas mañá 2 de agosto, ás 13 horas polo Concello de Baiona. Ademais das autoridades locais, o acto contará coa presenza do conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, a directora xeral de Comercio Nava Castro Domínguez e mais a delegada da Xunta en Vigo Lucía Molares.

As obras de rehabilitación e humanización realizadas na mesma, provocaron o malestar de un importante número de veciños e comerciantes polo seu retraso do cronograma orixinal. De feito, as obras estaban anunciadas para rematar a finais do mes de maio e no conseguiron ese obxectivo ata a chegada do propio verán. Os comerciantes que traballan sobre a nova arteria non negan a importancia da súa mellora, pero sinalan o custe que en perda de clientes custoulles durante a intervención.

O Concello convoca ao acto a realizarse na propia Rúa Carabela La Pinta e espera a asistencia de veciños para darlle o marco debido á inauguración.