Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona

Baiona - Noticas de Baiona e Val Miñor

Baiona á caza da venda ambulante ilegal

Correo-e Imprimir PDF

Venda ambulanteCon multas que van desde os 30 aos 180 euros poderán ser penalizados os vendedores ambulantes que sexan atopados pola Policía Local en situación de venda irregular de mercadorías no concello de Baiona.

Os membros de Policía Local na súa calidade de Axentes da Autoridade, procedan á intervención provisional das mercadorías como medida cautelar, no caso de exercicio de venda ambulante de artigos non autorizados, venda fóra dos lugares autorizados o cando non exista autorización.

Baiona únese á campaña "Elixe ou teu praceiro".

Correo-e Imprimir PDF

mariscadaNa campaña, posta en marcha pola Xunta de Galicia, preténdese destacar a profesionalidade dos vendedores das prazas de abastos municipais e incentivar as compras nestes espazos. Para iso púxose en marcha unha promoción que premia os seus clientes.

Baiona rexistra dez ordes de afastamento e 101 consultas sobre malos tratos

Correo-e Imprimir PDF
25 nov. Dia internacional contra a violencia contras as mulleresSegundo datos do Centro Sofía deste ano morreron en España a mans dos seus maridos ou ex parellas 63 mulleres.  Baiona non é allea a esta realidade, a 9 de novembro deste ano hai vixentes 10 ordes de afastamento. No centro de información á muller do Concello de Baiona nesta data realizáronse 101 consultas sobre malos tratos.

"Non é malo! é malísimo!" O Pleno desganduxa a 48 horas o Plan de Avaliación do porto de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Proxecto do fondeadeiro proxectado polo anterior goberno autonómico

O Pleno do Concello de Baiona votou onte por unanimidade, unha moción presentada polo BNG que solicita á Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que retire de inmediato da súa páxina web os documentos relacionados co Plan de Avaliación Estratéxica do Plan Especial de Porto de Baiona.

Os devanditos documentos "estaban intencionadamente moi ben ocultos nun lugar da web difícil de atopar", afirmou Xosé Enrique Fernández (BNG) durante a presentación da moción, e estaban nunha face de consulta que remataba o próximo venres 12 de novembro.

Está aberto o prazo para presentar alegacións sobre o proxecto da piscina municipal Os Tendales

Correo-e Imprimir PDF
O presidente da Deputación de Pontevedra e o goberno municpal o día da presentación pública do proxecto. O proxecto de creación dunha piscina lúdico-termal no barrio Os Tendales de Baiona ingresou na etapa de exposición ao público. A iniciativa presentada o pasado mes polo alcalde Jesús Vázquez Almuíña e o presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán, contempla a construción nunha superficie de 3000 metros cadrados de áreas de baño, piscina deportiva, zonas de masaxe, vestiarios, fitness, recepción, almacéns e outros servizos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL