Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Está aberto o prazo para presentar alegacións sobre o proxecto da piscina municipal Os Tendales

Está aberto o prazo para presentar alegacións sobre o proxecto da piscina municipal Os Tendales

Correo-e Imprimir PDF
O presidente da Deputación de Pontevedra e o goberno municpal o día da presentación pública do proxecto.
O proxecto de creación dunha piscina lúdico-termal no barrio Os Tendales de Baiona ingresou na etapa de exposición ao público. A iniciativa presentada o pasado mes polo alcalde Jesús Vázquez Almuíña e o presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán, contempla a construción nunha superficie de 3000 metros cadrados de áreas de baño, piscina deportiva, zonas de masaxe, vestiarios, fitness, recepción, almacéns e outros servizos. Dende hoxe, os interesados en coñecer o proxecto básico e o estudo de viabilidade económica, deberán dirixirse á Secretaría Xeral do concello, no horario de 9 ás 13 horas. A presentación de alegacións ten un prazo de trinta días a partir de hoxe.

O proxecto terá un orzamento duns 3 millóns de euros e o goberno baionés xa destinou outros 70 mil para gastos do proxecto básico, o estudo xeotécnico e de viabilidade económica. Con esta iniciativa o goberno municipal busca ofrecer novos servizos á poboación local así como aos turistas, segundo declarou o alcalde baionés durante a presentación do proxecto.