Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona á caza da venda ambulante ilegal

Baiona á caza da venda ambulante ilegal

Correo-e Imprimir PDF
Venda ambulante

Con multas que van desde os 30 aos 180 euros poderán ser penalizados os vendedores ambulantes que sexan atopados pola Policía Local en situación de venda irregular de mercadorías no concello de Baiona.

Os membros de Policía Local na súa calidade de Axentes da Autoridade, procedan á intervención provisional das mercadorías como medida cautelar, no caso de exercicio de venda ambulante de artigos non autorizados, venda fóra dos lugares autorizados o cando non exista autorización.

O novo réxime xurdido da modificación do artigo 16 do Regulamento Municipal de Venta Ambulante, determina sancións de 30 a 60 euros para faltas leves, de 60 a 90 euros ás faltas graves e de 90 a 180 euros ás moi graves. O novo regulamento tamén obriga aos responsables a aboar os gastos que xere a intervención das mercadorías durante o seu depósito anta que se produza a resolución do procedemento sancionador correspondente o informe técnico da autoridade sanitaria ou veterinaria competente.