Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona únese á campaña "Elixe ou teu praceiro".

Baiona únese á campaña "Elixe ou teu praceiro".

Correo-e Imprimir PDF
mariscada

Na campaña, posta en marcha pola Xunta de Galicia, preténdese destacar a profesionalidade dos vendedores das prazas de abastos municipais e incentivar as compras nestes espazos. Para iso púxose en marcha unha promoción que premia os seus clientes.

Así ata primeiros do mes de decembro os usuarios dos mercados recibirán un cupón por cada acto de compra que realicen. Estes deberán ser encher cos seus datos persoais e o nome do seu vendedor favorito. Posteriormente elixiranse tres cupóns ao azar en cada un dos 102 mercados existentes en Galicia e os agraciados serán obsequiados con talóns de compra por un valor que vai dos 75 aos 25 euros. Estes cheques serán cambiados no propio mercado en forma de desconto nas compras que se realicen posteriormente.