Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona "Non é malo! é malísimo!" O Pleno desganduxa a 48 horas o Plan de Avaliación do porto de Baiona

"Non é malo! é malísimo!" O Pleno desganduxa a 48 horas o Plan de Avaliación do porto de Baiona

Correo-e Imprimir PDF
Proxecto do fondeadeiro proxectado polo anterior goberno autonómico

O Pleno do Concello de Baiona votou onte por unanimidade, unha moción presentada polo BNG que solicita á Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia que retire de inmediato da súa páxina web os documentos relacionados co Plan de Avaliación Estratéxica do Plan Especial de Porto de Baiona.

Os devanditos documentos "estaban intencionadamente moi ben ocultos nun lugar da web difícil de atopar", afirmou Xosé Enrique Fernández (BNG) durante a presentación da moción, e estaban nunha face de consulta que remataba o próximo venres 12 de novembro.

O informe de 30 páxinas ampliaba a zona de privatización dunha lámina de augas en zonas de actividade pesqueira da vila para ampliación do porto deportivo e adoecía de erros graves no informe ambiental.

"Non é malo! é malísimo!," afirmou o alcalde Jesús Vázquez Almuíña, que deslindou responsabilidade da actual condución de Portos de Galicia, pois o informe tería fecha de xaneiro de 2009 e feito durante a administración do bipartito. Ademais a actual relación co Portos é dun claro traballo en base a "consensos", afirmou o alcalde.

Ante esta aseveración, Rafael Lores (portavoz PSOE) contestou que sempre que o PP se encontra en problemas "a culpa é dos socialistas". Noutro intre do Pleno, Lores dixo que "o PP de Baiona sempre actuou no tema do porto cun aire de confrontación. Cando gobernou o bipartito na Xunta, se buscou calquera insignificancia para facer unha manifestacións, para provocar alarma nun tema que é moi sensible en Baiona. Agora que o goberno do PP está na Xunta e no Concello actúan sen consensuar".

"O partido socialista sempre foi coherente en defender que non se debe ocupar máis do necesario do espazo marítimo, no abusar. Cando gobernaba o bipartito e a competencia de portos estaba en mans socialistas, sacouse a concurso unha ordenación dunha lámina de auga fronte ao Club de Yates , duns amarres que xa estaban, e que o único que se pretendía era organizar e legalizar o que existía... rematou nunha manifestación. Eses amarres estaban sendo explotados polo Club de Yates e lo que se buscaba era reducir e ordenalos e deixar máis espazo entre a praia a Barbeira, os fondeos e a doca. El concurso foi anulado polo PP, pero os amarres non se quitaron e os utiliza o Club de Yates sen pagar por iso."

O portavoz do maior sector da oposición agregou que "O PP quere chegar a acordos a través dunha política de feitos consumados, que estanos levando en silencio e pola porta de atrás a un proxecto que o PP ten claro que é sempre favorecer as entidades privadas por enriba dos intereses públicos"

A moción presentada polo BNG, foi previamente concertada na mesa informativa previa ao Pleno por tódolos grupos políticos. Así o aclarou o portavoz do PP Ángel Manuel Rodal, quen recordou que Baiona é vila mariñeira por historia. Agregou que hoxe conta con 101 embarcacións e700 para pesca deportiva e deportes.

Onde tódolos concelleiros estiveron de acordo foi na defensa dos 624 postos de traballo que a actividade pesqueira e marisqueira ofrece no concello durante todo o ano, os que representan un 13% da poboación activa.

Pola súa banda, Manuel Ramón Vilar, de Coalición Miñorana e 1º Tenente de Alcalde recordou que os dous grandes problemas que ten o porto de Baiona son os " fondeos" arbitrarios na baía e Ronáutica, coa que se ten, afirmou, unha loita entre os máximos posibles que quere a empresa e os mínimos imprescindibles que "nos queremos exixir".

A moción final tamén convoca a formación dunha mesa onde estean representados tódolos grupos políticos e forzas sociais da vila con interese directo no tema, para dende alí activar o Plan Especial de Porto de Baiona.