Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Pleno de Baiona. ¿Cartos para os bancos ou para investir?

Pleno de Baiona. ¿Cartos para os bancos ou para investir?

Correo-e Imprimir PDF
Concello de Baiona
O Pleno ordinario de Baiona reunirase mañá para aprobar varias mocións, entre elas una modificación de crédito do orzamento en vigor, a fin de reorientar un excedente de 78.534 euros . O sobrante é produto da rebaixa salarial dos funcionarios e as dietas dos concelleiros, a consecuencia do decreto lei do goberno nacional, de maio deste ano.

A intención do goberno baionés e destinar 10 mil euros a Cultura e o resto ao pagamento de débedas bancarias do Concello.

A modificación non contaría en principio co visto bo da oposición que entende que nun momento onde as finanzas da administración son boas, os excedentes dos presupostos se deberían destinar a investimentos que redunden na xeración de emprego na zona e non en redución de débedas co sistema financeiro.

A bancada do PSOE, que conta con seis concelleiros no pleno, manterá unha reunión hoxe para decidir seu voto. Valminor.info, dialogou coa concelleira socialista Laura Míguez Pérez, quen dixo que si ben por unha banda o PSOE a nivel nacional ten o mandato de non votar en contra dos orzamentos municipais nestes momentos de crise, e esta é una modificación dos presupostos, o grupo esta vez terá en conta á hora de debater outras variables como la urxente necesidade de investimentos para xerar emprego, nun momento onde a poboación sufre o paro.

Na cesión de mañá, o Pleno emitirá unha declaración institucional co motivo do Día internacional para eliminar a violencia contra as mulleres, a celebrarse o próximo 25 de novembro. A cesión tamén vai votar a adxudicación provisional do Servizo de axuda ó fogar, a incautación da garantía dunha cesión do uso privativo dun posto público da rúa Elduayen e dúas mocións do bloque nacionalista, sobre o Plan Especial do Porto e o mantemento do servizo de Noitebús.