Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Os nenos de Baiona reciclan

Os nenos de Baiona reciclan

Correo-e Imprimir PDF
recicla_013

O Concello de Baiona leva adiante unha campaña para inculcar aos nenos os métodos de reciclado do lixo. Para iso conta cun punto limpo móbil da empresa Urbaser que percorre os centros de encino para acometer a tarefa. Os alumnos do colexio público Covaterreña foron os primeiros en recibir a campaña “Baiona separa para reciclar”. Impulsada polo concello baionés, esta iniciativa educativa busca concienciar ao conxunto da sociedade a través dos nenos sobre a necesidade de clasificar os residuos caseiros para o seu posterior aproveitamento.

 

Posta en marcha polas concellarías de Educación e Medio, conta coa implicación da empresa Urbaser, encargada da recollida de residuos sólidos urbanos no municipio.

Para levala a cabo, técnicos da citada empresa desprázanse cun punto limpo móbil aos centros de Primaria e explican aos máis pequenos a importancia que ten para o medio a súa implicación no proxecto. A charla acompáñase da entrega dun folleto explicativo onde figuran os diferentes tipos de residuos que xeramos no día a día e as canles máis adecuadas para desfacerse deles.

 

O calendario de visitas aos centros educativos será o seguinte:mércores día 24, ás 12:00h, desprazaranse ao colexio de Fontes. O xoves 25, a exposición será ás 12:15 en Belesar; e o venres 26 ás 9:30 en Sabarís.