Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG Baiona presenta oficialmente a candidatura de Xosé Enrique Fernández arroupado por Beiras.

O BNG Baiona presenta oficialmente a candidatura de Xosé Enrique Fernández arroupado por Beiras.

Correo-e Imprimir PDF
Xosé Enrique Fernández portavoz do BNG Baiona, candidato a alcalde 2011
O Bloque Nacionalista Galego presentará oficialmente a Xosé Enrique Fernández como candidato a alcalde de Baiona baixo o lema "Coa túa forza hai futuro" . O acto público terá lugar mañá sábado 9 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal V Centenario. Na parte oratoria intervirán Xosé Manuel Beiras Torrado en calidade de presidente da Fundación Galiza Sempre e pechará o candidato Xosé Enrique Fernández.