Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Foro Iberoamericano 2011 analiza: "Obama e América Latina: continuidade ou cambio?"

O Foro Iberoamericano 2011 analiza: "Obama e América Latina: continuidade ou cambio?"

Correo-e Imprimir PDF
Novas relacións entre os Estados Unidos e América Latina.

No marco da XIIª Edición do Foro Iberoamericano 2011 que anualmente se celebra en Baiona, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), organizará o próximo venres 25 de febreiro de 2011, ás 20:00 horas no Hotel Bahía Baiona (Carreteira de Santa Marta, 13), a conferencia “Obama e América Latina: ¿continuidade ou cambio?."

Esta conferencia será ofrecida polo profesor Jared D. Larson, da Universidade de Delaware (EUA) e investigador asociado do IGADI, quen realizará unha análise sobre a evolución e expectativas creadas en torno a unha nova etapa nas relacións entre EEUU e América Latina dende a chegada de Barack Obama á presidencia estadounidense en 2009.

Os interesados en concorrer deben confirmar asistencia ao teléfono 986 357 238.