Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O Concello de Baiona recolle un rexistro con máis de 90 fontes e lavadoiros distribuídos polo municipio.

O Concello de Baiona recolle un rexistro con máis de 90 fontes e lavadoiros distribuídos polo municipio.

Correo-e Imprimir PDF
Ata o 1º de maio estará aberta a mostra no Casa do Concello.

As concellarías de Turismo e de Medio Rural de Baiona presentan os resultados dun rexistro de 93 elementos de interese arquitectónico - etnográfico do concello, elaborado xunto cos veciños das parroquias. Un total de 66 fontes e 27 lavadoiros distribuídos por tódolo termo municipal serán puestos en valor pola administración como parte do programa "Hai outra Baiona", que dende hai catro anos está a desenvolver o concellería de Angel Rodal. Para isto z deseñáronse uns paneis coa imaxe topográfica de cada parroquia, a situación in situ de cada elemento, xunto á súa correspondente fotografía, que na actualidade están expostos no vestíbulo do Concello de Baiona, ata o día 1 de maio.

Segundo Rodal este inventario descóbrenos traballos de cantería moi interesantes. A maioría dos elementos remóntanse a mediados do século pasado, aínda que existen verdadeiras xoias, como son a Fonte de Ceta situada no centro da Vila, construída no ano 1863, a Fonte Santa no antigo poboado de San Cosme, (Baíña), anterior ao século XVIII á que se lle atribuían propiedades terapéuticas, a Fonte do Pombal, de estilo gótico sendo actualmente a máis antiga de todas as que se conservan no municipio, datándose de 1593 e que a día de hoxe a súa auga é consumida por gran parte de persoas de Baiona e da bisbarra. Tamén se inventariaron varios lavadoiros moi singulares, do cuales, algúns deles séguense utilizando na actualidade.

Con este inventario preténdese dar a coñecer estas marabillas arquitectónicas a todo o público interesado e á vez poder incrementalo a través das suxestións de calquera veciño que crea que pode existir algunha fonte ou lavadoiro non reflectido nestes paneis.

En canto ao número de elementos,informouse que a parroquia de Baíña se encontra á cabeza con 25 unidades, a continuación Belesar con 22, Baiona con 17, Santa Cristina con 16 e a parroquia de Baredo con 13.

O Concello de Baiona invita a todos os interesados a que visiten esta exposición, esperando suxestións que permitan ampliar o inventario actual. Unha vez retirada a exposición doarase cada cadro aos centros culturais das respectivas parroquias.