Dende o 24 de maio ao 2 de xuño, desenvólvese na praia da Ribeira a Campaña Escolar de Fomento dos Deportes Náuticos "Semana Azul 2011" para os alumnos de secundaria os días previstos son 24, 25,26 e 27 de Maio, e para os alumnos de primaria os días previstos son 31 de maio, 1 e 2 de xuño tendo para ambas as campañas a sede organizativa nas instalacións do MRCY de Baiona, que organiza un ano máis a Concellaría de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona. Nesta nova campaña do 2011, participarán todos os colexios do Municipio: Covaterreña, Sabaris, Fontes, Belesar, 1º Marzo e o I.S.M. de Panxón en calidade de invitado, participando un total de cento corenta e catro alumnos repartidos entre primaría (84 prazas) e secundaría (60 prazas).
A campaña se desglosa en dous programas distintos, para os escolares de secundaria, os alumnos realizaron cursos de iniciación nos deportes náuticos de: Vea Lixeira, Piragüismo, Mergullo e Surf. Por outra banda, os alumnos de primaria, desenvolvesen a súa campaña de fomento coa iniciación nas actividades náuticas de vela lixeira e Piragüismo.
A Campaña Escolar de Fomento de Deportes náuticos esta subvencionada na súa totalidade pola Concellaría de Deportes do Concello de Baiona, sendo o único requisito esixido para participar o estar estudando nalgún dos centros educativos de Baiona e polo seu posto o saber nadar. Ademais, todo o material necesario para participar é achegado polas entidades colaboradoras. A Campaña conta coa colaboración de monte Real club de iates de Baiona, a Escola de Buceo Calderón, Escola de Surf Patos e o recentemente creado Club de piragüismo Baiona, desenvolvéndose a campaña nas instalacións do Monte Real Club de Iates de Baiona e a Praia Ribeira.
Para maior información e inscribirse na Campaña de Fomento dos deportes Náuticos 2011 dirixirse ao Pavillón Deportes Municipal de Baiona ou chamar ao teléfono 986.356.558 e tamén se dispón de e- mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo