Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona procura entrar nos mercados turísticos de Suíza, Alemaña e Austria.

Baiona procura entrar nos mercados turísticos de Suíza, Alemaña e Austria.

Correo-e Imprimir PDF
Os xornalistas do fam trips chegados a Baiona na Carabela La Pinta.

A vila de Baiona intenta promocionar o seu perfil como destino turístico nos mercados de Suíza, Austria e Alemaña. Para iso dende onte ten convidados a tres xornalistas deses países que percorreran acompañados dun guía oficial os distintos lugares de interese do municipio. A iniciativa forma parte dun programa de visitas de familiarización (fam trips) pola costa atlántica e cantábrica para xornalistas de medios internacionais desenvolvida pola organización Villas Marineras en colaboración con España Verde, O Instituto de Turismo de España (TURESPAÑA) e as administracións autonómicas de Galicia, o Principado de Asturias, Cantabria e O País Vasco.

Neste marco, os xornalistas Wino L. Leuenberger (revista médica,Suíza), Tobías Büscher (freelance, Alemaña) e mais Gernot Weiler (Ocean7, Austria), foron recibidos pola concelleira de Turismo de Baiona, María Iglesias e un grupo de técnicos do Departamento de Turismo que acompañarán aos visitantes nas súas andainas polo concello ata o vindeiro venres.

Segundo o informado dende Turismo Baiona, os custes desta acción se distribúen entre TURESPAÑA, as administracións autonómicas e a organización Villas Marineras, da cal forma parte o municipio baionés.