Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona advirte da realización de obras na Rúa Carabela la Pinta que interferirán co tráfico rodado

Baiona advirte da realización de obras na Rúa Carabela la Pinta que interferirán co tráfico rodado

Correo-e Imprimir PDF
ra_carabela_la_pinta

A Rúa Carabela La Pinta, no tramo comprendido entre a Rúa Cidade de Vigo e a Glorieta de Colón será, a partir de mañá, obxectivo dunha obra coa que se pretende mellorar a recollida e posterior evacuación de augas pluviais en toda esta zona, por parte do municipio.Segundo as previsións da empresa Xestión Ambiental, executora das obras, contempla un período de dúas semanas para finalizar as mesmas. Aínda que se permite a circulación pola citada rúa, co obxectivo de minimizar as molestias aos usuarios e veciños desta céntrica rúa, pídese aos condutores, de parte do Concello de Baiona, que eviten circular por este tramo, así como estacionar os vehículos.

Desde o concello pídese desculpas polas molestias que esta obra poida ocasionar aínda que se considera necesario realizala antes do comezo de época de choivas. A separación de augas residuais e pluviais vén realizando, desde hai un tempo, sinala a administración, en todo o municipio e ten como obxectivo alcanzar un maior e mellor rendemento da depuradora de Silleiro. Nun comunicado informativa, o concello baionés informa que coa separación evítase saturar os puntos de bombeo e xa que logo mellorar todo o proceso de saneamento.