Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG denuncia a privatización do centro de día de Baiona e a redución á metade das prazas iniciais

O BNG denuncia a privatización do centro de día de Baiona e a redución á metade das prazas iniciais

Correo-e Imprimir PDF
Ana María Rodríguez, portavoz local do BNG, durante a rolda de prensa

O portavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, acusou este mércores á Xunta de "privatizar" catro novos centros de día que se abrirán en Vigo, Cuntis, Baiona e Vilagarcía de Arousa e que, segundo sinalou o nacionalista, porán en funcionamento unicamente "a metade" das súas prazas.

O centro de día de Baiona quedarase con 19 prazas menos das iniciais que ascendían a 40, algo que o BNG considera insuficiente para Baiona.

Segundo Aymerich, a Xunta trata de "privatizar" este novos catro centros, que "deixou terminados" o Goberno anterior, a través dunha "licitación conxunta" do catro, co que se está "excluíndo" da súa xestión a "as pequenas entidades sen ánimo de lucro" e resérvase o contrato" para "as grandes empresas".

Ademais, denunciou Aymerich, a Xunta "só saca a licitación 96" das 180 prazas para as que teñen capacidade os centros, o que supón pór en funcionamento "a metade" das prazas posibles cando "hai miles de dependentes á espera". Por isto, o BNG presentará unha "batería de preguntas" no Parlamento para esixirlle á Xunta que explique esta situación".

O centro de día de Baiona.

A portavoz do BNG de Baiona, Ana María Rodríguez, asegurou que o centro de día de Baiona foi licitado fai máis de catro anos e que leva finalizado dende fai dous anos sen actividade ningunha e pechado. Unas instalacións que segundo denunciou Ana María Rodríguez estan sendo utilizadas para aparcar os vehículos dos visitantes ás praias baionesas.

A portavoz do BNG de Baiona denunciu a redución á metade das prazas previstas inicialmente no centro de día de Baiona, xa que das 40 prazas iniciais o centro acollerá finalmente só a 21 persoas dependentes, algo que según as palabras de Ana María resulta insuficiente para o concello de Baiona que conta con moitas máis persoas dependentes das 40 prazas inicias previstas para o centro.

Dim lights Embed Embed this video on your site