Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Rescatada unha embarcación semiafundida en Cabo Silleiro

Rescatada unha embarcación semiafundida en Cabo Silleiro

Correo-e Imprimir PDF
A embarcación atopábase abandoada á deriva

Salvamento Marítimo remolcou até Baiona (Pontevedra) unha embarcación que apareceu semi afundida e abandoada a tres millas ao oeste de Cabo Silleiro. A embarcación foi atopada por un transatlántico que partiu onte domingo pola tarde dende Vigo.

A embarcación 'Gavela', que así se chamaba, ten oito metros de eslora e motor.  Atopábase soa e sen tripulación según informou Salvamento Marítimo. A embarcación foi finalmente remolcada até o porto de Baiona.