Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Manifestación contra o PXOM de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
A Asociación de Veciños "Dunas" de Nigrán convoca a todas e todos os veciños do Concello de Nigrán e as/aos que se solidaricen con eles ao PLENO que se celebrará o próximo venres 2 de xuño a partires das 8:30 - 9:00 da mañá diante do Concello de Nigrán para manifestar o  desacordo co PXOM e a paralización da tramitación do mesmo, xa que a partires das 9:00 da mañá celebrarase un Pleno onde previsiblemente se aprobará inicialmente o proxecto.
A pesares das dificultades debido ó día e hora da convocatoria do pleno, solicitan á xente faga un esforzo por asistir.

O BNG de Oia denuncia o incumprimento do contrato na recollida do lixo

Correo-e Imprimir PDF
A Agrupación Local do BNG de Oia ten comprobado, desde hai varios meses, o reiterado incumprimento do contrato asinado polo Concello para xestionar a recollida do lixo nas distintas parroquias. As condicións contractuais, baixo as que debe operar a empresa que xestiona este servizo, estabelecen unha frecuencia obrigada de 2 recollidas semanais (e de 3 recollidas semanais na época estival) en cada parroquia.




Salvemos Monteferro entrega 9875 firmas contra o proxecto do vial

Correo-e Imprimir PDF
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completoFonte - Faro de Vigo
A asociación de defensa medioambiental "Salvemos Monteferro" congregou o sábado a unhas 500 persoas ante o Concello de Nigrán como preámbulo á presentación por rexistro de 9.875 firmas compulsadas de oposición ao proxecto de vial.
Nos prolegómenos a entrega,  foro chegando os activistas de Verdegaia que organizaron unha marcha ciclista dende Vigo para sumarse á concentración. Houbo música folclórica de gaita e tambor, para dar paso despois á protesta, na que non faltou unha pancarta reivindicativa despregada por uns zancudos.
As intervencións recalcaron os aspectos fundamentais da protesta: as desproporcionadas medidas do vial,  a perdida de patrimonio arqueolóxico e natural, e prol da defensa do litoral galego.

O Concello afirma que o PXOM de Nigrán amplía os espazos protexidos en Montefe

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - Faro de Vigo
O BNG critica a calificación dinstinta da finca do Rapón e o porto deportivo no Faro da Meda.
A controversia sobre a contorna natural de Monteferro podería quedar pechada en canto o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán sexa público. O documento cualifica toda a contorna natural como chan de protección e ata engade parcelas que as normas subsidiarias consideraban urbanizables, segundo aseguran fontes municipais.
Devanditas leiras están incluídas nos SAU 1 e 2 -na saia do monte, cara a Panxón o primeiro e cara a Saiáns o segundo-, pero nunca chegaron a desenvolverse urbanísticamente, polo que pasan a formar parte da superficie protexida. 

Marcha ciclista Vigo - Nigrán en apoio a Salvemos Monteferro

Correo-e Imprimir PDF
A asociación ecoloxista Verdegaia e unha das impulsoras desta iniciativa, que encaixa na sua reivindicación do papel da bicicleta nas políticas de transporte.  Verdegaia quere amosar á sociedade que existe outra forma de moverse, de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante empregando un modo de transporte totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta, combinado co transporte público colectivo. A abafante presenza do automóbil privado está a xerar graves problemas ambientais, sociais e sanitarios. O transporte tense convertido nunha das causas principais da crise ecolóxica actual, responsábel do 54% do total do consumo de produtos petrolíferos e emitindo arredor do 20% do dióxido de carbono de toda Galiza e o 35 % do óxido nitroso. Un automóbil moderno emite 1 tonelada de dióxido de carbono cada 100 km, ademais doutros contaminantes, contribuíndo de xeito moi importante ao cambio climático e á degradación da calidade de vida nas cidades.

Nova iniciativa cultural no Val Miñor - Asociación de Embarcacións Tradiciona

Correo-e Imprimir PDF
Na congorzaOs nosos amigos e compañeiros Luisa e Jose están aunando esforzos para organizar a primeira Asociación de Embarcacións Tradicionais do Val Miñor
Propietarios dun bote Noia a vela fondeado na Foz, Luisa e Jose buscan máis xente do Val Miñor que compartan a mesa afición para formar unha asociación que poda organizar ou participar nas actividades da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. 

Se alguén quere contactar con eles, a asociación acaba de abrir un novo espacio web en http://www.valminor.info/aetvm/

Salvemos Monteferro en Cámera Cafe

Correo-e Imprimir PDF

A serie  "Cámera Café" emitida por Telecinco semanalmente ás 21:20 mencionou onte a acción de Salvemos Monteferro.

Unha cámara escondida no interior dunha máquina de café é testemuña das frustacións, medos e aspiracións do persoal dunha oficina.

No programa de onte, moitos e moitas quedaron sorprendidos cando nun dos "sketchs" un dos protagonistas di que foi abducido por uns extraterrestres e como misións encomendadas ten que  "Limpiar el mediterraneo, arreglar la capa de ozono y salvar Monteferro"

O Ministerio Público segue a pista das infracciones en Nigrán e Oia

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
A Fiscalía de Pontevedra investiga varias denuncias na contorna de Vigo onde podería haber indicios de delitos contra o Patrimonio Histórico. A Xunta pediu informes sobre a construción dunha pista de cross de Nigrán, que podería danar unhas tumbas megalíticas ou moas, e a edificación dunhas casas e unha pechadura de leira en Oia que invadiron os terreos dun castro catalogado.

No caso de Nigrán, a polémica non é nova. Remóntase ao verán pasado, cando a Xunta abriu un expediente ao concello tras recibir diversas denuncias que aseguraban que a construción dunha pista de cross arrasara un xacemento arqueolóxico de máis de 3.000 anos. O asunto seguiu o seu curso pola vía xudicial para evaluar se o Concello incurrió nalgún delito.

El jurado del certamen literario recibe más de 150 obras escritas por alumnos d

Correo-e Imprimir PDF
Fonte - La Voz de Galicia
Un total de 151 obras (80 poesías y 71 relatos cortos) se han presentado al quinto certamen de literatura Don Diego Sarmiento de Acuña, que organiza la concejalía de Educación, dirigida por María Luisa López Castro.

Las mejores obras serán publicadas en un libro cuya portada correrá a cargo del arquitecto técnico Alfonso Soliño Troncoso, que además ha sido el encargado de diseñar el trofeo que recibirá el ganador.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL