Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O Colexio da Cruz de Camos gaña o certame Antón Fraguas

O Colexio da Cruz de Camos gaña o certame Antón Fraguas

Correo-e Imprimir PDF

Alumnos e profesores do Colexio da Cruz, da parroquia nigranense de Camos, gañaron a terceira edición do Proxecto Didáctico Antón Fraguas polo seu plan de traballo "A toponimia do Val Miñor". O premio consiste nunha subvención de 10.000 euros para o desenvolvemento deste estudio ó longo do vindeiro curso escolar.
O proxecto consiste na confección dunha toponimia da comarca por parte de alumnos, profesores e pais, que dará como froito unha exposición, un ciclo de conferencias e a edición dun libro que tratará de transmitirlles ós rapaces a toponimia da zona e explicará o aproveitamento pedagóxico da experiencia.

A comunidade escolar deste centro agradécelle á colaboración prestada á Confraría de Pescadores de Baiona, ó Servicio de Información Territorial de Galicia, ó Instituto de Estudios Miñoranos, a Gonzalo Navaza e a Pepe Carreiro.
A convocatoria da fundación Antón Fraguas tén a intención de lembrar a figura do autor, polo que premia a pescuda sobre patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico.

www.farodevigo.es