Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A locomotora Mikado en Porriño. Exposición

A locomotora Mikado en Porriño. Exposición

Correo-e Imprimir PDF
2111 La Mikado de Monforte.O instituto "Pino Manso" organiza para o día 2 de xullo de 2005 un acto público en colaboración con Museo do Ferrocarril de Galicia (Monforte) e a Asociación Viguesa de Amigos do Ferrocarril e Tranvías- Rías Baixas. Con tal motivo dende o Museo do Ferrocarril desprazarase dende Monforte ao Porriño o tren histórico Galaico Expreso, composto por unha antiga locomotora de vapor, tipo Mikado, locomotora antiga diesel (1954), vella locomotora eléctrica (1952), un vagón coche-cama de Wagons-Lits de época e un coche de viaxeiros de época de 1º clase (tipo 10000). Este tren histórico permanecerá en exposición na estación do Porriño o día 2 de xullo de 15, 00  ás 19 horas.

Nas instalacións do Instituto, a partir das 16,30, amosaranse aos membros desa asociación e ao público en xeral as maquetas feitas polos alumnos, os paneis da exposición sobre a historia da liña do ferrocarril Ourense-Vigo (1881), sobre a Revolución Industrial e a súas consecuencias na bisbarra do Porriño e Vigo.

Entre as maquetas expostas atoparanse:

  • Maqueta escala HO, realizado polos alumnos do Instituto que reproduce a estación do Porriño na década de 1960.
  • Maqueta escala N, realizado polos alumnos do Instituto
  • Maqueta escala N, Asociación Viguesa de Amigos do Ferrocarril e Tranvías. 

Para maior información contactar co profesor de tecnoloxía Juan Aguilar no Instituto "Pino Manso" do Porriño.