Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Presentación en Gondomar - Fundación enclave

Presentación en Gondomar - Fundación enclave

Correo-e Imprimir PDF

O vindeiro mércores día 6 de xullo, ás 20:30 horas na libraría LIBRAIDA, sita na rúa Rosalía de Castro, 13.

Interveñen no acto:

  • Antón Mascato: Director de Edicións do Cumio e colaborador neste número de ENCLAVE.
  • Quico Paz Antón: Membro do Consello de Redacción da revista ENCLAVE e deputado polo BNG no Parlamento galego.
  • Xoán Báscuas: Membro do Padroado da Fundación Enclave e membro da Executiva Nacional do BNG.

O novo número da nosa publicación ENCLAVE, que fai xa a número 13, pivota sobre tres eixes. Europa, a Reforma dos Estatutos de Autonomía e unha débeda. Hai dous anos, cando tiñamos prevista a edición dun especial dedicado ao 40 aniversario da fundación do PSG, unha maré negra pasou por riba de todos nós. Obrigounos a mudar o contido previsto e abordar de urxencia e monograficamente os efectos, as causas e as consecuencias daqueles días de vértixe. Agora, por fin, podemos presentarche o especial prometido. Unha reflexión dos que foron diferentes protagonistas sobre o que foi o PSG, por que foi e por que non foi.

EUROPA, EUROPA:

Por ANA MIRANDA: Presenza galega permanente na UE. Situación actual do BNG no Parlamento Europeo.

Por SUSO DE TORO: Nós.

Por CAMILO NOGUEIRA: O sentido histórico da Unión.

A REFORMA DOS ESTATUTOS

Por MANUEL BRAGADO: Bases do futuro

Entrevista con JOSU JON IMAZ: Desde Euskadi.

Por MANUEL M. BARREIRO: A garantía dun novo País.

Entrevista con ARTUR MAS: Desde Catalunya.

ESPECIAL PSG: 1963-2005

Por PACO TRIGO: Socialismo para unha Nación.

Por ANTONIO OCA : PSG-EN: Dúas organizacións, unha ideoloxía.

Por XOSÃ? LUÃ?S RODRÃ?GUEZ PARDO: Socialismo galego: a aventura do PSG.

Por MANUEL ANXO FERN�NDEZ BAZ: A evolución do Partido Socialista Galego. 1963-1984

Por Quico Recondo: Panchulo, sempre con nós.

------------------------------------------------------------------------------------------

MÃ?SICA:

Reseñas dos últimos traballos de Victor Aneiros Blues Band e de NARF

LIBROS:

Por Antón Mascato: reseña de A Estrela na palabra

Por Xosé Antón Ferrón: reseña do Tratado constitucional europeo, visións desde Galiza.