Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O roubo masivo de datos de tarxetas de crédito en EE.UU. chega a Galicia

O roubo masivo de datos de tarxetas de crédito en EE.UU. chega a Galicia

Correo-e Imprimir PDF
O roubo masivo de datos de 40 millóns de tarxetas de crédito Visa e Mastercard destapado en EE.UU. o pasado sábado chegou a Galicia. Segundo pudose confirmar onte, alguns bancos e caixas de aforros con presencia nesta comunidade autónoma xa se puxeron en contacto cos seus clientes afectados para lles advertir da situación e de que os súas tarxetas ian ser bloqueadas nese mesmo momento para posteriormente emitir outras novas.

Un portavoz de Servired informou de que dos 40 millóns de datos roubados, 55.000 corresponden as tarxetas emitidas por bancos e caixas de aforros adscritas a Euro 6000, 4B e Servired. Asegurou tamén que en nengun momento se detectou tentativa algunha de utilizazón do diñeiro de plástico por parte do pirata (ou piratas) informático que executou o roubo.

En calquer caso, subliñou que se nalgun momento se procedese á utilizazón dos dados roubados, o consumidor nunca asumiría o fraude económico. «Ademáis engadiu-, os bancos e caixas xa teñen os números das tarxetas afectadas e ou ben se están a por en contacto cos seus clientes para anular as tarxetas ou están a ollar con catro ollos todas as operacións que se están a realizar con elas». ? Os titulares de Visa e MasterCard que agora se atopan co problema son aquelos que realizaron algunha compra nuns cen mil comércios de Estados Unidos de maneira física ou a través de Internet. Estes estabelecementos tiñan en comun a entidade intermediaria para procesar sistemas de pago no país. O seu nome é CardSystems Solutions, que sofreu o ataque dun pirata informático aos seus servidores.

Ler nova completa da Voz de Galicia